"AS MONXAS DE ABADIN"
“ As monxas de Abadin” como se lles coñece nunha ampla zona de Terra Cha, as relixiosas da “Sagrada Familia de Burdeos”,
Esperanza, Rosa, Paquita e algunhas máis que pasaron por aí, xunto con Izaskun a quen agora lembramos dunha maneira especial, no
seu paso á casa do Pai son ese claro exemplo do testemuño do amor de Deus.
A
Izaskun todos lembrámoslle pola súa proximidade e o seu
sorriso, e pola súa actitude de servizo e de entrega. Muller exemplar que soubo
harmonizar sensibilidade, amor ao traballo ben feito, xenerosidade, convertendo
a súa vocación nunha “escola de vida”.
Muller
que, alí por onde paso aprendeu a lingua propia do lugar, como unha forma
inequívoca de simbiose coa contorna e as súas xentes, pero que nunca esquezo as
súas raíces.
A
súa terra e a súa lingua vasca permaneceron sempre nela e gustáballe practicar
sempre que tiña ocasión.
Non hai presente sen pasado, polo que a súa
“vida” e “obra” quedarán marcadas non como unha pegada que se lembra, senón
como un suco fecundo que seguirá dando froitos.
Mujeres
como elas merecen ser lembradas, capaces de desgastar a súa propia vida polos
demais, durante máis de trinta anos polos fermosos camiños de Abadín, en
contacto coa terra e coa xente, forman xa parte da historia, que quizais nunca
salga á luz, porque a mensaxe de Jesús, é como esa néboa espesa que é tan
habitual nesa terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario