Juanjo Leanizbeaskoa Aguirre, (jleanizbeaskoa@gmail.com). Licenciado en Filosofía y Letras , Grado

martes, 7 de junio de 2022

 "AS MONXAS DE ABADIN"

“ As monxas de Abadin” como se lles coñece nunha ampla zona de Terra Cha, as relixiosas da “Sagrada Familia de Burdeos”,

Esperanza, Rosa, Paquita e algunhas máis que pasaron por aí, xunto con Izaskun a quen agora lembramos dunha maneira especial, no seu paso á casa do Pai son ese claro exemplo do testemuño do amor de Deus.

A Izaskun todos lembrámoslle pola súa proximidade e o seu sorriso, e pola súa actitude de servizo e de entrega. Muller exemplar que soubo harmonizar sensibilidade, amor ao traballo ben feito, xenerosidade, convertendo a súa vocación nunha “escola de vida”.

Muller que, alí por onde paso aprendeu a lingua propia do lugar, como unha forma inequívoca de simbiose coa contorna e as súas xentes, pero que nunca esquezo as súas raíces.

A súa terra e a súa lingua vasca permaneceron sempre nela e gustáballe practicar sempre que tiña ocasión.

 Non hai presente sen pasado, polo que a súa “vida” e “obra” quedarán marcadas non como unha pegada que se lembra, senón como un suco fecundo que seguirá dando froitos.

Mujeres como elas merecen ser lembradas, capaces de desgastar a súa propia vida polos demais, durante máis de trinta anos polos fermosos camiños de Abadín, en contacto coa terra e coa xente, forman xa parte da historia, que quizais nunca salga á luz, porque a mensaxe de Jesús, é como esa néboa espesa que é tan habitual nesa terra.